Mostrando entradas con la etiqueta Aplicacións Google. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Aplicacións Google. Mostrar todas las entradas

lunes, 18 de noviembre de 2013

Delicious

Delicious é un instrumento particularmente útil cando unha persoa traballa en varios sitios, por exemplo na casa e no colexio, como é o caso de moitos docentes e alumnos. Delicious é un sitio onde gardamos, organizamos e intercambiamos as direccións web que nos interesan. Cumpre a función de “favoritos” no navegador, pero ademais, sempre está en liña e isto significa que podemos acceder ós vínculos que gardamos desde calquera lugar e dende calquera ordenador que teña conexión a internet.
 
Para utilizar Delicious, haise que dar de alta, é gratuito e só nos pide un nome e un contrasinal. É un instrumento moi útil. Con Delicious, sempre temos acceso ás nosas direccións web encontradas anteriormente, e clasificadas, xa que este instrumento permite organizar en carpetas as páxinas encontradas.
 
Video para aprender a manexar delicious
http://velaldo.ning.com/video/video-tutor-delicious

Práctica 17: Planetaki, iGOOGLE e READER

Unha vez vistas as entradas anteriores relacionadas con Planetaki,  iGoogle e Reader creade unha páxina de inicio iGoogle onde introduzcades aquelas noticias que vos parezcan do voso interese e publicade unha entrada no blogue. Tamén usando a vosa conta de gmail  e a aplicación Reader empregando o lectors RSS agrega as Feed  que vos parezcan interesantes. Así mesmo, facede o voso Planetaki

Google Reader

Google Reader e unha das moitas ferramentas que Google ofrece aos seus usuarios. Para poder facer uso de este lector RSS, sólo é necesario contar con unha conta gratuita de Gmail.

Podes acceder de maneira moi sencilla ao lector RSS que ofrece Google. Para facelo, debes dirixirte a páxina principal do buscador: http://www.google.es e realizar un clic no apartado “máis” arriba e a esquerda do teu navegador. Desplegarase un menú emerxente e en él deberás facer clic no apartado “Reader”, que che redireccionará ao lector RSS.

Unha vez conectado ao lector RSS de google, poderas agregar as Feeds que sean do teu interese. O proceso é sencillo: sólo debes facer clic no botón “Añadir suscripción” ubicado a esquerda do teu navegador.
Aparecerache un menú emerxente donde poderás ingresar a URL do sitio que deseas agregar ou, si prefieres, una palabra clave para que GoogleReader realice unha búsqueda de Feeds relacionadas. Una vez que introduciras a URL do sitio que deseas agregar, sólo bastará que realices un clic no botón “añadir”.

Ahora xa debes ter os teus Feeds agregados ao lector RSS de google. Si se agregou correctamente, deberás poder visualizala a esquerda d teu navegador, na barra donde se almacenarán todos os canales RSS que vaias agregando.

Á dereita, no recipiente do lector RSS, aparecerá distintos elementos que serán actualizadas segundo se actualize o sitio web que engadistes.Estes son algúns dos recursos que ofrece ao lector o seu usuario
   
1. Novos artigos sen ler;
   
2. O conxunto da esquerda organiza todas as canles;
   
3. Ver Tipo: Full novas ou simplemente;
   
4. Elementos de interese poden ser marcados cunha estrela e logo localízase los nos centrado;
   
5. Información sobre a data de publicación do artigo.

miércoles, 13 de noviembre de 2013

iGoogle

Igoogle é una páxina de inicio de google personalizada na que podemos incluír os temas que mais nos interesan como son as noticias nacionais ou internacionais, videos, xogos, etc. Permítenos ter a man, sempre que abrimos google, os temas que máis nos interesan, sexa por cuestións persoais ou por cuestións laborais.
 
Como se crea a páxina igoogle?
Cando creamos a nosa páxina persoal (cliqueando en igoogle) aparecen automaticamente os temas básicos tales cómo: unha axenda, o noso correo electrónico, o chat, o tempo, o día e a hora e tamén Google actualidade (noticias de España) e Youtube. A partir destas seccións podemos incluír seccións máis persoais en función dos nosos intereses ou dos nosos campos de traballo: podcasts, diccionarios, proverbios, informacións sobre xeografía, historia, etc. Isto faise a través do que se chaman os “gadgets”.
A nosa páxina de igoogle está organizada en función do que máis nos interesa, xa que podemos desprazar cada tema arrastrandoo e poñiendo onde queremos na páxina.
 
Por qué é útil ter unha páxina igoogle?
E moi útil xa que permite ter a man os instrumentos que despois, ao longo do día utilizamos no noso traballo ou no noso tempo libre. Ademais, é un instrumento que se actualiza constantemente.
No instituto, unha boa aplicación do igoogle pode ser por exemplo para a aprendizaxe das linguas onde figurarían todas as seccións útiles na aprendizaxe das linguas. Como aplicación  as Tic's poderíamos pensar en incluír nesta páxina todas as sección que teñen que ver cas novas tecnoloxías, informática e novos recursos. Nesta páxina tamén figurarían os instrumento básicos das Tics que estamos empregando: blog, correo electronico, calendario, aplicacións google.... etc. Toda a información estaría reunida nunha soa páxina que se encontraría cada día ao abrir google.
 
Video para aprender a manexar igoogle

Aplicacións: Planetaki

QUÉ?: Planetaki

PARA QUÉ? Un planeta serve para ler as túas webs favoritas nunha única páxina. Ademais podes, se queres facer o teu planeta público. É posible, por exemplo, crear un planeta para clase onde incluir as páxinas que poden consultar os alumnos frecuentemente.

ONDE? www.planetaki.com

COMO? 1. Despois de acceder a páxina principal resistrámonos: Nome do planeta, dirección, eleximos se vai ser público ou privado, o idioma (inclúe o galego como opción) e os datos de acceso (correo, e contrasinal para planetaki, lóxicamente non deberá coincidir coa do blogue xa que estaríamos permitindo o acceso ao mesmo. 2. Despois do rexistro engadimos as direccións web que queremos que aparezan no noso planeta. En realidade funcionará unicamente con páxinas de contido dinámico, pensadas para actualizar con frecuencia: Blogues, Galerías fotográficas en liña, Redes sociais e non con páxinas estáticas polo que a súa utilidade e limitada. 3. A páxina contén preguntas frecuentes e un blogue que recolle as últimas novidades.

TITORIAIS E VIDEOTITORIAIS http://blog.planetaki.es/ blogue de planetaki en español.

martes, 5 de noviembre de 2013

Aplicacións: Google Sites

Unha web propia ou tamén un caixón de sastre

QUE?
Google Sites

PARA QUÉ?
Google sites é unha aplicación online que permite crear sitios web con información variada como textos, vídeos, calendarios, presentacións, ficheiros
Toda esta información pode ser compartida e editada por quen o usuario decida.
A información aloxada no noso sitio tamén se pode utilizar dende outros obxectos web como bloques ou outras páxinas.

ONDE?
Dende a páxina principal do buscador de google facendo clic en sites ou directamente na seguinte dirección: https://sites.google.com/

COMO?
1. Accedemos a google sites dende o navegador web que utilicemos habitualmente.
2. Precisamos ser usuarios rexistrados en google normalmente se dispoñemos dunha conta de correo electrónico de Gmail. Na páxina de acceso escribimos nome de usuario e contrasinal.
3. Unha vez accedemos a google sites debemos darlle nome ao noso sitio e completar a URL que comenzará da seguinte maneira:
http://sites.goole.com/site/.....o que nos queiramos. Tamén podemos facer unha pequena descrición. Despois eleximos entre certas opcións sinxelas. Prememos en crear sitio.
4. Xa na páxina de inicio podemos comezar o deseño da mesma tendo en conta que será a portada do noso sitio Web. Para editala prememos en "Editar páxina" e para configurala en "Mas Acciones"
5. A partir de aquí creamos a nosa páxina utilizando os menús despregables que nos permiten insertar os diversos elementos
6. Premendo en Crear página nueva e editando a páxina creada podemos ir construindo a estrutura do noso sitio web.
7. Lembrar que ainda que non nos interese crear un sitio web, Google sites pode resultarnos útil para aloxar elementos que despois poderemos incrustar no noso blogue, por exemplo un reproductor flash de ficheiros mp3 ou os mesmos ficheiros. Outro exemplo: aloxamos un ficheiro kmz de google earth para logo reproducilo a través do "embeded tour player".

TITORIAIS E VIDEOTITORIAIS

EXEMPLOS
ver vínculos na última dirección do apartado anterior: EXEMPLOS.

lunes, 4 de noviembre de 2013

Práctica 14: Google maps

 
A práctica consiste en incluir no blog personal varios mapas.
Busca, por exemplo, en “Google maps” unha cidade española e outra europea..
Na parte superior dereita da pantalla aparece o termo “enlazar”. Aquí temos dúas opcións: A URL do mapa (que aparece en primeiro lugar), ou o código HTML para insertar nun sitio web.
Debaixo da segunda opción temos a posibilidade de ver unha vista previa e personalizar a presentación do mapa (tamaño, vista satélite…).

martes, 29 de octubre de 2013

Práctica 13: Picasa 3

Cas fotos subidas nos anteriores albúms facer o seguinte empregando Picasa 3:

1) Crear dous collage e publicalos nos vosos blogues

2) Crear dous posters e publicalos tamén.

3) Elexir 3 fotos e facer diferentes retoques usando para elo as diferentes ferramentas que estan na carpeta imagenes e publicalas no blogue explicando os retoques realizados

lunes, 28 de octubre de 2013

Práctica 12: Albums web Picasa

Facendo uso da aplicación flickrr vista anteriormente e dos albums web picasa crear varios albúms en Picasa Web (Para iso ir a google- fotos e crealos alí), posteriormente publicalos e copiar a URL para insertalos no blogue.

Picasa 3 e albúms de fotos en Picasa

QUE É?
Picasa é o software gratuito de Google que permite modificar e mellorar as fotos.
PARA QUE?
Picasa e Álbumes web de Picasa simplifican o traballo de organizar e de modificar as fotografías dixitais e logo crear álbumes online para compartilos.
Podes utilizar Picasa para deseñar e imprimir collages de fotos, crear presentacións de diapositivas con vídeo, engadir texto ás fotos ou ver as túas favoritas no escritorio ou como salvapantallas.
Podes publicar un álbum de fotos online só con un clic.
Podes mellorar casi todas as imaxes gracias ás ferramentas de Picasa para problemas comunes como os ollos roxos, as cores e a iluminación. Tamén podes perfeccionar e aplicar efectos as fotos. Ademais podes engadir facilmente etiquetas xeográficas as fotos para recordar onde as quitaches utilizando Google Maps.
As opcións de Picasa Web de subir imaxes é moi limitada, so podemos subir 5 imaxes ou arquivos de video.
Pero co programa Picasa unha vez instalado no ordenador podemos subir á web albumes enteiros, tendo en conta que Picasa Web regala 1 GB de almacenamento.

COMO INSTALAR PICASA NO ORDENADOR

Para descargar Picasa grátis

http://www.softonic.com/s/descargar-picasa-3-gratis-espanol

COMO SUBIR E CREAR ALBUMES WEB EN PICASA

Tutorial: Cómo publicar fotos com Blogger.com & Picasa 3

http://www.youtube.com/watch?v=K_jnsVZimzg
COMO ACCEDER AOS ALBUMES WEB DE PICASA COA NOSA CONTA DE GOOGLE

Aplicacións: Flickrr


QUE?
Flickr é un grande almacén de fotografías e vídeos en liña.

PARA QUE?
Serve fundamentalmente para gardar fotografías, como un álbum enorme que non nos ocupa espazo no disco duro do noso ordenador, pero tamén para compartir fotos, xa que son de uso libre (non existen dereitos sobre as imaxes colgadas na rede dentro deste programa). Tal como figura na propia páxina da aplicación, a súa función principal é o intercambio.
Ademais funciona como un arquivo pois as fotografías están ordenadas e organizadas mediante etiquetas que facilitan as buscas.

ONDE?
O enderezo electrónico é moi sinxelo: http://www.flickr.com/
aínda que en castelán figura como www.flickr.com/groups/flicrkrenespaol
Máis sinxela é a versión de flickrcc (http://www.flickrcc.bluemountains.net/)


COMO?
Hai dúas posibilidades dentro deste programa: unha versión gratuíta, que é a que nos interesa aos usuarios en xeral, e outra versión de pagamento. Coa primeira versión temos a posibilidade de subir dous vídeos e 100 Mb en fotos por mes (na de pago a capacidade é ilimitada).
Para crear unha conta é preciso un ID de Yahoo. Se non o tes na mesma páxina podes crealo, só precisas cubrir os datos típicos para rexistrarte (nome, apelido, sexo, data de nacemento, país, etc.). Despois só tes que inscribirte.

Pero realmente o máis cómodo é usar a variante flickrcc que resulta moito máis sinxela. Aquí non necesitas rexistrarte para ter acceso ás fotografías e podes seleccionalas e modificalas ao teu antollo mediante o programa picnik:
  • dentro de editar: rotar, recortar, cambiar tamaño, cor, enfoque, eliminar os ollos vermellos;
  • dentro de crear: incluír efectos, engadir textos, adhesivos, marcas, adornos, empregar modelos con motivos predeterminados (Día da Nai, Pascua, San Valentín, vacacións, etc.).
TITORIAIS E VIDEOTITORIAIS
Para máis información podedes botar man dos titoriais que existen na rede:
www.emagister.com/tutorial-flickr-cursos-2463653.htm

Google Calendar

PARA QUÉ?
Servizo de Google que nos permite crear unha axenda acesible dende web ou móvil, que poderemos compartir con outros, incrustar nunha páxina web ou blogue, e dende a que obter recordatorios por correo electrónico ou mensaxe de móvil

ONDE?
Na páxina principal de google clic sobre calendar ou directamente aquí

COMO?
1. Precisamos dunha conta de correo electrónico de Gmail. Na páxina de acceso escribimos nome de usuario e contrasinal. Resistrámonos (Nome, Apelidos, Ubicación...)
2. Despois do resistro accedemos a páxina principal do calendario. Podemos empezar a usar o calendario por defecto que levará o nome da nosa conta de correo electrónico e crear outros. Tamén aparecerá por defecto o de días festivos.Sobre cada calendario creado, poderemos editar os detalles, decidir como o queremos compartir e configurar as notificacións
3. Sobre os días do calendario escribimos os eventos que nos interesan e editamos as súas propiedades.
4. Se queremos publicar o noso calendario por exemplo nun blogue debemos configuralo como compartido. Facemos botón dereito dobre o calendario que queremos compartir e en configuración do calendario facemos clic sobre "incrustar este calendario", personalizamos as opcións, copiamos o código e o pegamos no blogue.

TITORIAIS E VIDEOTITORIAIS

videotitoriais en youtube e outros

lunes, 21 de octubre de 2013

Práctica 11: Slideshare

Usando as aplicacións Slides vistas anteriormente (Slideshow e Slideshare) buscade varias presentación sobre diferentes temas e publicades no voso blogue. Para descargas esas presentacións necesitaredes rexistrarvos nas aplicacións Slides. Ver Titorial Slides.

Aplicacións: Slides

Baixo este mesmo epígrafe agrúpanse varios programas que teñen en común o tratamento de imaxes. Imos comentar en concreto dous deles: slideshow e slideshare.


QUE?
Slideshow e slideshare son aplicacións da web 2.0 que mostran presentacións online.

PARA QUE?
Slideshow é un programa para facer presentacións de fotografías.

Slideshare é un programa para facer e publicar presentacións de imaxes do tipo powerpoint (con imaxes, textos, esquemas, gráficos, etc.) pero sen as transicións e as animacións.

ONDE?
Slideshow en http://www.slide.com/



COMO?
TITORIAIS

jueves, 17 de octubre de 2013

Práctica 10: Presentación con Google Drive

Facendo uso da aplicación Google Docs realizar unha pequena presentación/documento word/ folla xls en grupos de 2-3 sobre diferentes temas. Crear o documento en Google Docs, compartilo cos membros de grupo e traballar on-line. Traballar neste documento únicamente empregando as ferramentas das que dispoñemos en Google Docs e publicala no blogue.

miércoles, 16 de octubre de 2013

Práctica 9: Publicar presentacións no blogue

Para publicar calquer arquivo con formato DOC, PPT, XLS, JPG..... debemos facer o seguinte:
1) Ir a Google-drive subir o arquivo e publicalo.
2) Unha vez publicado copiar a URL (coomo por exemplo: <iframe src="https://docs.google.com/present/embed?id=dg95mcgq_1dwb9993v" frameborder="0" width="410" height="342"></iframe>) e insertala coma nova entrada no blogue en Edición de HTML.

Exemplos:
3) Publicar a vosa presentación de powerpoint feita durante os primeiros días de clase.

4) Buscar outras presentacións e publicalas

Google Drive

Crea y comparte tu trabajo online con Google Drive
* Sube tus archivos: es un proceso muy fácil y rápido.
* Accede a tus documentos en cualquier momento: Consulta y edita tus documentos desde cualquier ordenador o teléfono inteligente.
* Comparte tu trabajo: Gracias a la colaboración en tiempo real, se aumenta la productividad.