Estimados/as colegas,
Gustaríanos facer unha actividade colaborativa de cara a presentar o proxecto para optar ao selo de calidade.
Como
xa falamos algunhas veces, trataríase de facer un vídeo colaborativo
gravando uns versos do poema Penélope de Díaz Castro, segundo a
distribución que vos presentamos
O poema é o seguinte:
Penélope. X. M. Díaz Castro
Un paso adiante i outro atrás, Galiza,
i a tea dos teus sonos non se move.
A espranza nos teus ollos se esperguiza.
Aran os bois e chove.
Un bruar de navíos moi lonxanos
che estrolla o sono mól coma unha uva.
Pro tí envólveste en sabas de mil anos,
i en sonos volves a escoitar a chuva.
Traguerán os camiños algún día
a xente que levaron. Deus é o mesmo.
Suco vai, suco vén, Xesús María!,
e toda a cousa ha de pagar seu desmo.
Desorballando os prados coma sono,
o Tempo vai de Parga a Pastoriza.
Vaise enterrando, suco a suco, o Outono.
Un paso adiante i outro atrás, Galiza!
Cada colexio só tería que gravar unha estrofa, segundo o indicado a continuación:
1ª estrofa: Gimnazjum nr 3 w Lublinie Lublin (Poland)
2ª estrofa: IES PRAIA BARRAÑA Boiro (Spain)
3ª estrofa: IES Pontepedriña Santiago de Compostela (Spain)
4ª estrofa: IES Rey Don García Nájera, Spain
Este é un enlace, entre outros, para escoitar a pronuncia do poema http://www.youtube.com/watch? v=N4QCczrMHoU#t=23
O noso centro encargarase de editar e montar un vídeo final conxunto.
A data límite para subir os vídeos é o 22 de maio.
Podedes subilos aquí: Videos
Afectuosos saúdos,
Xosé Luis e Cristina
No hay comentarios:
Publicar un comentario