1. PARTICIPANTES
O concurso vai dirixido ao alumnado de Educación Secundaria, Bacherelato e Formación Profesional de Galicia.
2. CARACTERÍSTICAS TÉCNICAS
• O tema é libre.
• As fotografías poden presentarse en branco/negro ou cor.
• Máximo de tres fotografías por participante
• As fotografías serán en formato dixital e só se poderán enviar por correo electrónico.
• Data de entrega: antes do 10 de marzo de 2014.
• Non poderán levar marcas de auga.
3. PRESENTACIÓN
Os autores deberán:
• enviar as fotografías por correo electrónico
cos seguintes datos:
- nome e apelidos
- DNI,
- idade,
- teléfono,
- enderezo
- centro de estudo
- curso.
• Poñerlle un título a cada foto.
4. XURADO
• Estará formado por un representante da Asociación de
antigos alumnos, outro do Instituto Monelos e tres profesionais ou
estudosos da fotografía.
5. PREMIOS
1º premio: diploma e 250 €
2º premio: diploma e 150 €
3º premio: diploma e 100 €
•O xurado considerará a posibilidade de conceder accesits con premios.
•Premio especial 10º aniversario dunha bolsa para realizar un proxecto fotográfico.
A organización do concurso poderá utilizar as fotografías seleccionadas e
as premiadas para a súa difusión (exposicións, edicións, etc.).
NOTA. A participación no concurso supón a aceptación das presentes bases.
No hay comentarios:
Publicar un comentario