Co obxectivo de realizar unha 
avaliación inicial realizanse e expoñense presentacións powerpoint por 
cada un dos alumnos relacionadas cos seguintes temas: Os ordenadores- 
Evolución histórica, Hardware, 
Programas de edición fotográficos, Programas de edición de audio e de 
vídeo, Programas de edición de substítulos, Prezi e Wordpress. 
Faise
 unha primeira avaliación non só do dominio do powerpoint senón tamén 
das técnicas de elaboración dunha presentación, esquematizacións e 
presentación en público. Cada alumno fai a súa presentación, 
posteriormente fanse comentarios, propostas de mellora e un debate entre
 todos.